16 xaneiro 2024

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS: CM CS 2024


Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” do menú da páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp.


06 decembro 2023

UNITOUR 2023- 2º BACHARELATO


O martes 19 de decembro de 2023, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 18ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
 Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

 CENTROS PARTICIPANTES 
• Centro Superior de Hostelería de Galicia 
• CESUGA University 
• CUNEF Universidad 
• ESADE Business & Law School 
• Escuela Universitaria de Artes TAI 
• ESIC University 
• ESNE - Escuela Universitaria de Diseño Innovación y Tecnología 
• GLION Institute of Higher Education 
• IE University 
• IEB • ISDE 
• Les Roches Global Hospitallity Education 
• L´IDEM Barcelona Francia 
• Resa - Residencias Universitarias 
• U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital • Universidad Camilo José Cela 
• Universidad de Deusto 
• Universidad de Navarra 
• Universidad Europea (Campus de Madrid) 
• Universidad Europea del Atlántico 
• Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE 
• Universidad Nebrija 
• Universidad Pontificia Comillas 
• Universidad Pontificia de Salamanca • Universidad Villanueva 
• Universidade da Coruña 
• Universidade de Santiago de Compostela 
• Universidade de Vigo 
 
Lembrámosvos que e OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. Todos o ALUMNADO E DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR na seguinte ligazón: 
 
 

A AUTOESTIMA


 A autoestima

21 novembro 2023

KTORCE18 PROGRAMA EDUCATIVO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS


A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación Arela promove Ktorce-18, programa de prevención de condutas infractoras entre os menores no que se abordará a problemática de condutas infractoras na actividade diaria, as situacións de risco, o acoso escolar e os malos tratos nas aulas coa finalidade de informar, previr e facer máis consciente ao alumnado das consecuencias sociais e xurídicas destes comportamentos segundo a Lei do Menor.
 
 


Para o taller Ktorce-18 de prevención de conductas infractoras teñen que cubrir: 

• 1º previo á realización do taller, o seguinte cuestionario cuxa contrasinal de acceso é: 1418 (teñen que telo feito cando cheguemos) 

ENLACE PARA CUBRIR O 1º CUESTIONARIO

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeh6k9gOQL6gadxQPDB-q_oghA_auouMNW1cCl5-gQqAerqrg/viewform

 • 2º unha vez finalizado o taller, cubrirían o cuestionario posterior coa mesma contrasinal de acceso: 1418 (o faríamos nos, se non hai impedimento)

ENLACE PARA CUBRIR O 2º CUESTIONARIO

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfREMOelYJI7Q8KJGo3yes-rRcMmwnYkEnFfrOzQFEBsMN4pw/viewform

MAGOSTO 2023

 


17 novembro 2023

12 novembro 2023

MELLORAR A CONVIVENCIA

 PROGRAMA PARA A MELLOR A DA CONVIVENCIA 

Deixovos un programa moi fácil de traballar na clase para mellorar a convivencia; actividades grupais para levar a cabo durante as titorías. Empeza coa apliación dun sociograma e logo a realización das diferentes actividades.

ACTIVIDADE: UN INSTITUTO DE PELÍCULA

Dentro das actividades planificadas para 1º ESO, para facer propio o instituto donde estuda esta rapazada, fixemos a actividade: UN INSTITUTO DE PELÍCULA, todo un éxito. Mirade como ve o alumnado recen chegado, o noso instituto.




02 novembro 2023

OUTONO XOVE

 

Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Outono Xove para promover actividades de educación non formal dirixidas á xuventude durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro. Ofértanse 900 prazas para participar en distintos programas, distribuídos en albergues xuvenís e residencias de tempo libre da xeografía galega.

Poderán participar mozos e mozas de entre 14 e 30 anos que realicen a inscrición telemática a través do formulario en liña da páxina web de xuventude. O prazo abriu o pasado venres 27 de outubro e permanecerá aberto ata cubrir todas as prazas. Este programa inclúe aloxamento nun albergue ou residencia de tempo libre de venres a domingo, manutención completa e un amplo programa de actividades.

Cos programas Outono, a Xunta busca desestacionalizar a oferta de tempo libre para a xuventude e ofrecer alternativas de ocio educativo e seguro á mocidade. Outro dos obxectivos deste programa é darlle aos distintos albergues xuvenís e residencias de tempo libre públicas utilidade durante todo o ano.

 

INFORMACIÓN