Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp
21 xuño 2023
ADMISIÓN FP 2023/2024
Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp
16 xuño 2023
14 xuño 2023
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024
A Orde do 3 de maio do 2023 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar:
- Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
- Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
- No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
- Nadal: desde o venres 22 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, inclusive.
- Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro (Luns, martes e mércores)
- Semana Santa: desde o luns 25 de marzo ó luns 1 de abril, inclusive.
OFERTA DE PRAZAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO NO CURSO 2023/2024
Aquí tedes a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO, USC, UDC.
SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA Curso 2023/2024
06 xuño 2023
PRAZAS PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS
Convocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24
Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED308A)(DOG núm. 106, do 6 de xuño).
Prazo para presentar solicitudes:
1. Período ordinario: do 7 de xuño ao 4 de agosto de 2023, ambos incluídos
2. Período extraordinario (só no caso de existir prazas vacantes): entre o 4 e o 8 de setembro, ambos incluidos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento ED308A).
PRAZAS DE RESIDENCIAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024
Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.
Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).
Prazo para presentar solicitudes:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
24 maio 2023
21 maio 2023
05 maio 2023
PONDERACIÓNS 2023/2024
RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2023/24.
02 maio 2023
BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2023-2024.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2023 EN GALICIA
A Consellería de Educación publicou a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022 - 2023.
DOTACIÓN:
Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.
Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
• Ter cursado 4º de ESO no curso 2022/2023 no Réxime Ordinario en Galicia.
• Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
• Obter unha media igual ou superior a 9,00 puntos (media de todas as materias dos cursos de ESO).
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 31 de maio ó 30 de xuño de 2023.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición.
PROBAS: A realización da proba terá lugar o 6 de setembro de 2023.
No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a. Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, e constará de diversas cuestións coas cales deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática.
Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións das seguintes materias de 4º curso: • Xeografía e Historia. • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS:
O centro enviará a Certificación académica de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflictan as notas dos catro cursos e a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es
21 abril 2023
11 abril 2023
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
A Xunta de Galicia vén de convocar os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2022/23. Como se recolle no Diario Oficial de Galicia, poderán acadar estes galardóns, dotados cada un deles con 1.000 euros, un total de 20 estudantes.






























