03 outubro 2023

02 outubro 2023

AULA DE CONVIVENCIA

 


3ª XORNADA DAS SUPERHEROÍNAS E OS SUPERHEROES - O RETINOBLASTOMA

A Fundació A Nineta dels Ulls convídavos a participar na 3ª Xornada das superheroínas e dos superheroes. Nesta xornada suxerímosvos unha serie de propostas para traballar o respecto e a tolerancia cara á diferenza, e a aceptación e recoñecemento das propias capacidades persoais que suman cara a un ben común. E así, reivindicar que todos os nenos/as e adolescentes poden ser unha superheroína ou un superheroe. 

Coa xornada das superheroínas e os superheroes, a Fundació A Nineta dels Ulls queremos, por unha banda, dar a coñecer o retinoblastoma e os seus síntomas para conseguir un diagnóstico precoz da enfermidade. Doutra banda, o obxectivo principal da xornada é promover a inclusión de todos os nenos e nenas nas aulas, porque todos somos diferentes e, por iso, todos somos especiais. 
Podedes elixir o día que vos vaia mellor ao longo de todo o curso escolar. 
Por exemplo, unha opción seria aproveitar o día 20 de novembro, que é o día Mundial da Infancia. 
E se aínda non vos inscribistes, animádevos!

 

Fundacio LA NINETA DELS ULLS 

Mapa de escolas participantes no ano 2022 onde figura o noso centro

Jornada de las superheroínas y de los superhéroes

 

TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO - TEA

Tratamento educativo de alumnado con trastorno de espectro do autismo (TEA).



TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE - TDAH

 




04 setembro 2023

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024


 ORDE DE CALENDARIO ESCOLAR GALICIA

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 

O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega é un proxecto que naceu en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º da ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, participaron máis de 4.000 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés. 
Para favorecer unha inmersión completa, os bolseiros e as bolseiras conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo así unha experiencia inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades persoais e académicas. 
 Na súa edición 2024-2025, o Programa convoca 400 novas bolsas para estudantes de 4º da ESO que desexen estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Delas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia, e 330 a estudantes doutras comunidades e cidades autónomas de España. 
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
inscripción do 4 ao 27 de setembro de 2023
 

11 xullo 2023

PROPOSTA PROVISIONAL DOS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DA ABAU EN GALICIA PARA O CURSO 2024-2025

  A Ciug publica unha proposta provisional de PARÁMETROS DE PONDERACIÓN da ABAU en Galicia para o curso 2024 -2025. 

Trátase dunha proposta provisional na que pode haber modificacións, que recolle os valores ponderados das materias da fase voluntaria do novo currículo de bacharelato LOMLOE. 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDDES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2023/2024


Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023

PARA ACCEDER Á SOLICITUDE DE BECA

PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR

 

 

Programas de Diversificación Curricular, curso 2023/2024

21 xuño 2023

ADMISIÓN FP 2023/2024


Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. 
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión. 
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
 
 
 A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático
 
 
 

16 xuño 2023

POLA IGUALDADE

IGUALDADE: Principio que recoñece a todos os cidadáns a capacidade para os mesmos dereitos.



 

14 xuño 2023

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024


A Orde do 3 de maio do 2023 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar: 
 
 COMEZO E REMATE DO CURSO: 
  • Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). 
 
PERÍODOS DE VACACIÓNS: 
  • Nadal: desde o venres 22 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, inclusive. 
  • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro (Luns, martes e mércores) 
  • Semana Santa: desde o luns 25 de marzo ó luns 1 de abril, inclusive. 
 
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: Xoves 7 de decembro de 2023. 

 

CALENDARIO CURSO 2023/2024

OFERTA DE PRAZAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO NO CURSO 2023/2024

 Aquí tedes a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO,  USC, UDC.

 

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA Curso 2023/2024

06 xuño 2023

ABAU 2023

 



PRAZAS PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS

Convocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24

 

 Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED308A)(DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Período ordinario: do 7 de xuño ao 4 de agosto de 2023, ambos incluídos

2. Período extraordinario (só no caso de existir prazas vacantes): entre o 4 e o 8 de setembro, ambos incluidos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  (procedemento ED308A).

 

PRAZAS DE RESIDENCIAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.

Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.