07 outubro 2022

5 DE OUTUBRO: DÍA DAS PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL

MÉRCORES 5 DE OUTUBRO DE 2022
O primeiro mércores de outubro de cada ano, celébrase o Día Mundial das persoas con Parálise Cerebral. 
Que é a parálise cerebral? 
Desorde permanente e non inmutable da postura e o movemento debido a unha disfunción do cerebro antes de completarse o seu crecemento e o seu desenvolvemento. 
É unha afectación neurológica causada por unha lesión no encéfalo inmaduro e está caracterizada por unha desorde non progresiva do sistema motor, o cal afecta ao ton, á postura e ao movemento. 
É un trastorno irreversible debido a que as células nerviosas danadas non se poden rexenerar, polo tanto persiste durante toda a vida aínda que pode mellorarse cun tratamento adecuado, que comezará canto antes. 
A miúdo existen PROBLEMAS ASOCIADOS, tales como: atraso mental, epilepsia, problemas de crecemento, perda auditiva, trastornos da visión (estrabismos, miopía, hipermetropía, ...) sensibilidade e percepción anormais (algúns teñen deficiencias na habilidade para sentir sensacións simples como as do tacto ou a dor, tamén poden ter dificultades en percibir ou identificar obxectos usando o sentido do tacto), problemas emocionais ou de carácter e trastornos de linguaxe. 
Os síntomas da PC son de severidade variable, dunha persoa a outra, e poden cambiar co tempo. As persoas que teñen PC non poden controlar algúns ou todos os seus movementos. Unhas persoas poden estar moi afectadas en todo o seu corpo, outras poden ter dificultades para falar, camiñar, no equilibrio ou para usar as súas mans. Outras serán incapaces de sentarse sen apoio, necesitarán axuda para a maioría das tarefas diaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.