13 setembro 2024

ENSINANZAS DEPORTIVAS

 


A continuación envío enlaces á páxina web do portal educativo onde temos toda a información d
as Ensinanzas Deportivas

- ENSINANZAS DEPORTIVAS

- PROBAS DE ACCESO ESPECÍFICAS POR DEPORTE

-OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS DEPORTIVAS

-NORMATIVA DAS ENSINANZAS DEPORTIVAS


-ORGANIZACIÓN CURRICULAR


-GUÍA BÁSICA

PAU (PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE) 2025


O curso que comeza trae cambios que afectarán á proba de acceso á universidade. Non se trata só dun cambio de nome, pois a ABAU da paso á PAU.Logo de 5 anos con modelos de exame COVID, cunha alta optatividade, e anteriormente con exames de opcións A e B, pásase agora a unha proba de preguntas de resposta obrigatoria.
O cambio non é só formal, pois se pretende substituír a avaliación de contidos memorísticos pola avaliación de competencias. 
No Real Decreto 534/2022 están detalladas as características dos exames da nova proba: 
  • Os exercicios terán un deseño competencial que permita comprobar o grao de consecución das competencias específicas das materias... 
  • Os exercicios requirirán do alumnado a creatividade e capacidade de espírito crítico, de reflexión e de madurez para resolver por escrito unha serie de cuestións ou tarefas adecuadas ás competencias específicas avaliadas... 
A CiUG impulsou no mes de maio unha reunión de diversos distritos universitarios para avanzar no deseño destes exercicios. Acordouse unha estrutura común de todos os exames, con 4 preguntas obrigatorias: a primeira máis competencial e de resposta única, e as restantes con posibilidade de elección entre apartados. 
A Consellería de Educación e a Comisión Interuniversitaria estiveron a traballar todo o verán na elaboración dunha serie de modelos de exame, xa colgados na páxina web da CIUG, que se irá completando en vindeiros días, atadis por demodelos de todas as materias, de xeito que o profesorado e o alumnado de Bacharelato teñan información suficiente para abordar con garantías este curso diferencial. 
 

BECAS: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega nace en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, participaron máis de 4.700 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés. 
Para favorecer unha inmersión completa, os/as bolseiros/as conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo unha experiencia inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades persoais e académicas. 
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, validación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
 

26 xuño 2024

ADMISIÓN FP 2024-2025

 

 
O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización. 
En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación. Accións que se realizarán en Ciclosadmisión: Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. 
Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento. 
 1º Paso. Solicitude Prazo de presentación: do 24 de xuño ás 9 horas ata o 4 de xullo ás 13 horas. Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos, de titulación ou proba de acceso. 
Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou terá que ser entregada, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos. 
 
 
 
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes. 
 
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional. No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos. 
 
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes. 
 
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas. No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.

18 xuño 2024

31 maio 2024

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Recordade que soamente se admitiran aquelas solicitudes presentadas do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Estas axudas son incompatibles coa beca xeral para estudos postobrigatorios. 

Convocatoria.

Anuncio extracto convocatoria. 

 


 

03 maio 2024

2 DE MAIO DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

O sistema educativo debe ter un compromiso especial na loita contra calquera tipo de violencia, a través da promoción dunha convivencia positiva, da prevención e da intervención ante a aparición de conflitos. De acordo con isto, a abordaxe integral do acoso e do ciberacoso escolar é un elemento esencial que ten por obxectivo reducir as consecuencias negativas que estas situacións poden ter sobre a comunidade educativa.