13 outubro 2025
PROTOCOLOS
26 xuño 2025
10 xuño 2025
05 xuño 2025
SEMANA DE PORTAS ABERTAS NA UVIGO
Desde a Universidade de Vigo queremos informarvos de que celebraremos a nosa Semana de Portas Abertas Virtual do 9 ao 13 de xuño. Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer a nosa oferta académica, os centros e as titulacións que ofrece a universidade.
Solicitamos a vosa colaboración para difundir esta información entre o alumnado, co fin de que poidan conectarse e participar nas distintas sesións informativas programadas.
Durante esta semana, o profesorado das diferentes titulacións realizará exposicións sobre os graos e atenderá as cuestións do estudantado sobre os seus futuros estudos.
Toda a información sobre a programación e o acceso ás actividades está dispoñible na nosa páxina web.
29 maio 2025
CAMPAMENTO DIXITAL CRI-TIC,
A Concellería de Política Social lanza un novo proxecto de campamentos
de verán dixitais, da man da Fundación Esplai e o Goberno de España.
Lanzamos 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá
durante todo o verán no Centro de Formación de Rúa Alta, en horario de
09 a 14h., de modo que as familias tamén poidan conciliar durante o
verán. Será un campamento de achegamento ás novas tecnoloxías con moita
diversión e xogos.
O proxecto CRI-TIC, Infancia e xuventude con criterio dixital, ten como
obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais
buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Trátase de
fomentar unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a
aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a
interacción social.
Envíovos adxunto o tríptico e o cartel da iniciativa.
Deste xeito, ofértanse en total 11 grupos ao longo dos meses de xuño,
xullo, agosto e primeira semana de setembro, dos cales 9 están
destinados aos/as máis pequenos/as, é dicir, de 9 a 13 anos; e 2 grupos
para os/as maiores, de 14 a 17 anos.
As solicitudes deberán realizarse na seguinte ligazón antes do 9 de xuño:
https://fundacionesplai.org/inscripcion-critic-vigo-verano/
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2025
O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A).
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
• Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
• Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas
da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á
subvención do premio extraordinario de bacharelato.
A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.
As
listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB
publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB
publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal
15 maio 2025
24 abril 2025
21 abril 2025
PROBAS DE APTITUDE PARA ADMISIÓN EN GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE
16 de xuño de 2025.
Para convocatoria de abril: Do 3 ao 25 de marzo de 2025 ás 14,00h.
EXENTOS DAS PROBAS:
- Formulario online de inscripción en las Pruebas Específicas de Admisión
- REGLAMENTO
- CONVOCATORIA
Mais información no blog de Mónica Diz Orienta
Solicitud para las Pruebas Específicas de Admisión
26 marzo 2025
VISITA A FP-INN25
Hoxe o alumnado de 2º ESO estivemos en Santiago de Compostela, visitamos a Praza do Obradoiro, a Catedral, o Museo do Pobo Galego e pola tarde estivemos en FP_inn25
23 marzo 2025
03 marzo 2025
25 febreiro 2025
MANUAL DE CIBERMENTORÍA
MATERIAL PARA TRABALLAR NAS TITORÍAS.
Son 7 vídeos sobre 7 temas relacionados coas TRIC (tecnoloxías da relación, a información e a comunicación). A proposta consiste en 7 vídeos (non hai que mostralos en orde) e preguntas de reflexión posterior que se realizarían a través dun círculo de diálogo e o reparto de material de apoio cos contidos tratados.
Isto é:
1. Proxectamos o vídeo
2. Realizamos o círculo coas preguntas pactadas
3. Entregamos o material e analizámolo por riba.
Recursos: Acceso aos vídeos (en galego):
1 SAÚDE DIXITAL
https://www.youtube.com/watch?v=xdAKfCtal-s
2 USOS PROBLEMÁTICOS https://www.youtube.com/watch?v=wrPQeJV1SHM
3 USOS POSITIVOS https://www.youtube.com/watch?v=xfgSXhae8ho
4 HABILIDADES DE VIDA https://www.youtube.com/watch?v=Wz3WlXOzrj4
5 IDENTIDADE DIXITAL E PRIVACIDADE https://www.youtube.com/watch?v=Hp47Xi8gvf0
6 NAVEGACIÓN E SEGURIDADE NA REDE https://www.youtube.com/watch?v=c0fDO0GA5Ok
7 HABILIDADES DE CIBERMENTORÍA https://www.youtube.com/watch?v=_M5G2WwFGCE
Manual de cibermentoría
13 febreiro 2025
PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES - 2025
Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
- Orde do 4 de febreiro de 2025.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.























