24 febreiro 2022
GRAO XESTIÓN CULTURAL
23 febreiro 2022
DÍA 23 DE FEBREIRO DE 2022, DÍA DE ROSALÍA
20 febreiro 2022
NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALLEGO NO CURSO 2022-2023
SUSPENDIDAS AS PROBAS DE APTITUDES PARA O ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE CURSO 2022/2023
As dúas universidades galegas que imparten o Grao en Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte, Universidade de Vigo e Universidade de A Coruña, publicaron unha resolución na que se informa de que as probas de aptitudes para o acceso ao grao quedan suspendidas para os efectos de admisión no curso 2022/2023 por mor do COVID.
15 febreiro 2022
10 febreiro 2022
07 febreiro 2022
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023
|
Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito |
Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro |
|
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate |
Última semana de febreiro |
|
Publicación de postos escolares vacantes |
Antes do 1 de marzo |
|
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito) |
Do 1 ao 20 de marzo |
|
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo |
10 días hábiles, a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión |
|
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas |
Antes do 25 de abril |
|
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados) |
Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación |
|
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas |
Antes do 15 de maio |
|
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria |
Do 20 ó 30 de xuño |
|
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato |
Do 25 de xuño ó 10 de xullo |
|
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato |
Do 1 ó 10 de setembro |
CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
• Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
• Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro.
NORMATIVA: - Instrucións do proceso de admisión 2022/2023 na web da Consellería de Educación. - ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. - Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.- Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG) - Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
28 xaneiro 2022
18 xaneiro 2022
KTORCE 18: PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS
ARELA, dará unhas charlas divugativas para 3º ESO C e 3º ESO D, nos que se pretende informar sobre como previr os delitos.
CHARLAS:
VENRES, DÍA 28 DE XANEIRO 2022
9:00 - 10:40 H: 3º ESO D
10:40 - 12:50 H: 3º ESO C
13 xaneiro 2022
09 xaneiro 2022
A ANSIEDADE
- Sensación de nerviosismo,
- Axitación ou tensión.
- Sensación de perigo inminente, pánico ou catástrofe.
- Aumento do ritmo cardíaco.
- Respiración acelerada ( hiperventilación).
- Sudoración. Tremores.
- Sensación de debilidade.
A CARREIRA DO PRIVILEXIO
Si nalgún momento os profesores e profesoras de cursos superiores queredes traballar os conceptos de liberdade, igualdade, xustiza social, .... acá tedes un video para comezar.
ABAU 2022 -ALUMNADO CON NEAE
As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas nos Anexos I e III. Só se farán adaptacións para estudantes que xa tiveron estas adaptacións no Bacharelato ou Formación Profesional. Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como na garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan. Prazo de solicitudes